Rock / Alternativa / Grunge
Un grupo sen presas que medrou con dificultades pero con paso firme basando a súa carreira no longo percorrido e na paixón polo que fan.Tras unha primeira maqueta no 2005, outras gravacións sen editar e o abandono dun dos seus compoñentes, Sweet Oblivion Band encauzaron o seu estilo a partir de longas tardes de sábados nun garaxe creando cancións impregnadas de actitude, paixón, sudor e esforzo, moi na líña de bandas do movemento alternativo dos 90. Fuxindo de recrear o mesmo que anteriores bandas de estilo similar conseguen un son cunha personalidade propia que se recoñece coa primeira escoita.
Dende San Sadurniño ( A Coruña), funcionan como grupo acumulando xa dende a súa formación unha longa traxectoria de potentes directos ( algúns deles abrindo para grupos nacionais e internacionais de renome) e uns cantos concursos autonómicos gañados. Isto, e o continuo crecemento de novos fans é un dos motivos polo que deciden deixar a escena maquetera e dar por fin o gran salto co seu primeiro Lp, "Melted To Oblivion", un disco potente, vigoroso, e con nervio.
Dende a máis absoluta independencia e cunha mentalidade profesional, Sweet Oblivion Band buscan un sitio no mundo musical cun debut discográfico que contén grandes composicións, acompañadas pola excelente voz do seu cantante e unha boa bases rítmica que prometen dar moito que falar nos vindeiros anos para que esta banda non caiga no doce esquecemento.
....moitas, moitas, moitas...
Miguel Anxo (batería)
Xurxo (guitarra)
Fernán (voz, guitarra)
Beni (baixo)

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar Never | 00:00 | 59 |
3/5 (28 votos)
|
3 | ![]() |
|
| escoitar Mr. Wrong | 00:00 | 34 |
3/5 (26 votos)
|
1 | ![]() |
|
| escoitar Emty Glass | 00:00 | 33 |
3/5 (28 votos)
|
1 | ![]() |
|
| escoitar thin ice | 06:38 | 35 |
3/5 (29 votos)
|
1 | ![]() |
avezar dixo:
Ola!
Acabamos de subir unha canción nova o noso myspace!
Chámase "perra". Espero que vos guste; se podedes, deixade alguna crítica.
www.myspace.com/avezar
Moitas grazas, un saúdo!
10.04.2011 13:36
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:34
Alvinha dixo:
Asi que disco! moi ben! agardo vervos en directo algunha vez; polo momento foi imposible... Pode que o 4 de abril ... eu estarei no Ateneo o 3, xa sabedes!. Unha aperta.
06.02.2009 21:47
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
01.01.2009
MELTED TO GALIZA TOUR :9 Xan. ´09 Sala Badulake, ORDES ( A.../br>
27.12.2008
Xa podedes conseguir o novo disco de Sweet Oblivion Band, "MELTED TO OBLIVION", a través de...
27.12.2008
…de la escucha de los diez temas de este “Melted To Oblivion” se desprende...