Identifícate aquí ou Rexístrate
Unha das mellores artistas que deu esta terra.
Boimorto e Madrid. A profesión e o corazón con nome de cidade e vila. Unha carreira dedicada a música e a sensibilidade.
Concurso musical en Soria no que admiten maquetas de todo o territorio nacional
A Asociación Xuvenil Asekas de San Esteban de Gormaz (Soria) organiza este concurso destinado a eses grupos que aínda non editaron un disco. Non hai límite de idade para presentarse e admitirán a concurso estilos de rock e derivados, metal e derivados e punk e derivados.
Atención ós premios.
Este verán a Radio Galega dedicarase á intensa busca do novo tema musical do estío. Un certame que acollerá o programa Somos quen que dirixe María Xosé Rodriguez e que se emite os sábados e domingos de 9 a 12 da mañá. Non hai compromiso cun estilo determinado así que tedes aberta a porta de par en par.
Tomelloso organiza un concurso para bandas noveis.
Premios que van dos 600n ós 1500 euros!.
facémonos eco aquí da nova edición dos Castro Concertos de Vigo (Dándolle as grazas pola información ós nosos amigos de Maketón)
Celebraranse concertos con grupos noveis en Vigo entre os meses de maio a setembro. Organiza a Concellaría de Xuventude do propio concello. Serán unha serie de actuacións en directo para rapaces e rapazas que non pasen dos 35 (aínda que abrirán a man se a demanda o esixe).
O contacto, porque hai que ir anotándose xa, é: Casa da Xuventude de Vigo Tlf: 986.29.48.06. se queredes achegarvos ata alí está en Lopez Mora número 31.
Convócase o Musica Xove 2010 en Santiago
O departamento de xuventude do Concello de Santiago quere que participes no Musica Xove deste ano. Aquí che van as bases, á dereita en documentos relacionados. Atención que hai euros en xogo que veñen moi ben para facer medrar ós vosos grupos!.
Animádevos.