Identifícate aquí ou Rexístrate



Asesoría Xurídica

A Rede Galega de Locais de Ensaio pon a disposición dos grupos rexistrados un servizo de asesoramento legal. As consultas que formules serán dirixidas a un avogado en exercicio que respostará nun prazo aproximado de cinco días desde a súa recepción.

As dúbidas plantexadas deben estar referidas a cuestións sobre dereitos de autor, dereitos dos artistas, aspectos legais relativos á produción de concertos, contratos musicais, etc. Non se darán consellos sobre dúbidas de outros ámbitos. Ademais pregámosvos que, antes de enviar as vosas consultas, revisedes atentamente o apartado de FAQs, xa que nel atoparedes resposta a moitas preguntas comúns. Para axilizar este servizo, as dúbidas que aparecen solucionadas nesa sección non serán consideradas polo asesor.

As preguntas han de ser xerais, sen referirse a nomes concretos ou situacións identificables polo Letrado consultor. Este resérvase o dereito de non dar consello sobre cuestións que non cumpran os citados requisitos, especialmente para evitar situacións de conflito cos intereses da Xunta de Galicia, de outros usuarios de Nsaio, dos creadores da web e do propio Letrado ou clientes deste. Tampouco obterán resposta as preguntas sobre asuntos que estean a ser atendidos por un avogado.

Aviso: Só os artistas inscritos en nsaio teñen dereito ao servizo de asesoría xurídica. Se xa estás inscrito, tes que acceder ao sistema para poder contactar co asesor. Se non estás inscrito, podes facelo aquí.

FAQs

Aquí atoparás resposta ás preguntas máis frecuentes do mundo da música.