Rock
Kastomä é un apócope da frase "¿qué queres tomar?" Rock en galego dende Ordes, formado no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ó grupo Antonio na batería. O grupo xurdiu para cubrir os nosos desexos de tocar en directo, e logo cos cartiños que fumos xuntando empezamos a equiparnos e puidemos ir grabando varios traballos e recopilatorios en estudios profesionais.
Na actualidade estamos presentando o novo Disco: "Almas da Noite" Nadal 2008.
A temática de Kastomä é social con influencias do entorno que nos rodea, e sobre todo pretendemos transmitir sentimento de festa nas nosas cancións e nos concertos que celebramos. Desde o ano 2000 levamos tocando ininterrumpidamente por toda Galicia en pubs e festivais e continuarémolo facendo na próxima volta sempre e cando sigamos mantendo a ilusión de facer algo do que nos sentimos uns privilexiados, xa que tocamos o que nos gusta e cando nos apetece.
Barricada, Los Suaves, Boikot, S.A., Reincidentes, en xeral grupos de Punk e Rock estatal.
Kastomä son: na voz principal e coros, Soneira; na guitarra solista e coros está Sito. David toca a guitarra rítmica, Óscar o baixo e Antonio a batería e entre os cinco discutimos e modificamos as cancións nos ensaios.

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar Guerrilleiros | 04:58 | 42 |
2/5 (35 votos)
|
28 | ![]() |
|
| escoitar mala vida | 03:38 | 53 |
2/5 (37 votos)
|
23 | ![]() |
|
| escoitar Betadine | 03:14 | 58 |
1/5 (36 votos)
|
17 | ![]() |
|
| escoitar A Infancia | 03:07 | 72 |
1/5 (12 votos)
|
11 | ![]() |
|
| escoitar Sacristan | 03:30 | 31 |
1/5 (34 votos)
|
20 | ![]() |
|
| escoitar Marxinados | 03:29 | 34 |
1/5 (30 votos)
|
18 | ![]() |
|
| escoitar Samhaín | 00:00 | 20 |
1/5 (11 votos)
|
7 | ![]() |
|
| escoitar grelo 66 | 00:00 | 43 |
2/5 (28 votos)
|
17 | ![]() |
postergel dixo:
Saudos e Feliz Ano, a ver cando nos vemos logo, mentras seguidelle dando o Rock n`Roll.
29.12.2008 08:31
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
10.12.2008 12:48
31.10.2008 16:16
fuzquenlla dixo:
Boas compañeiros, xa está o novo cd non? xa vos mandarei información da asociación que falaramos, imos volver outra vez con iso a ver se sae adiante.
Unha aperta dende Carballo.
27.10.2008 11:26
kastoma dixo:
É un cubata farmacéutico.O mellor remedio contra a resaca. Nin danacol nin ostias, Betadine con burbullas e wisky, muuuum, xa me canta no papo.
Lea las instrucciones de este medicamento y en caso de duda consulte con la manciñeira.
24.10.2008 10:24
jackie dixo:
Teño unha pregunta referente ó tema Betadine: a que sabe o betadine con auga osixenada e güisqui? non será moi doce verdade...ge,ge, ge,
Saudos.
23.10.2008 10:55
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
04.03.2010
Durante o presente 2010 gravaremos novo disco "décimo aniversario" A tal hora estamos pulindo as...