Inscrición de artistas

Benvida/o a nsaio!

O portal da Rede Galega de Locais de Ensaio ofréceche a oportunidade de crear o teu propio espazo web para espallares a túa música.

Tanto se formas parte dun grupo como se compós e interpretas as túas cancións en solitario, neste portal atoparás a plataforma precisa para te dares a coñecer e compartir as túas creacións co público da rede.

Crea a túa web en nsaio

  • Redacta as túas propias noticias
  • Constrúe a túa axenda
  • Comparte as túas cancións
  • Crea galerías de fotos e vídeos
  • Aproveita o teu taboleiro de anuncios
  • Adxunta documentos para descargar
  • Introduce as túas webs amigas
  • Edita toda a túa información biográfica e técnica
  • Consulta os votos e comentarios de quen te visita

CREAR A TÚA WEB EN nsaio É MOI SINXELO, SÓ TES QUE SEGUIR ESTES PASOS:

1. Datos básicos

Precisarás introducir os datos básicos do/a artista ou grupo e mais os da persoa que será a responsable a efectos legais, relacionados co aloxamento de cancións na web.

2. Condicións

Deberás aceptar os termos e condicións do contrato que estableces con nsaio, no cal se fixa o réxime legal ao que quedarán suxeitas as cancións ou obras que subas á web.

3. Aceptación

Verás de novo a información que introduciches por se queres facer algún cambio e, cando aceptes, xa estarás rexistrado/a en nsaio.

4. Contacto

Poderás entrar os datos básicos de contacto do/a artista ou grupo: de onde sodes, onde ensaiades, como se pode contactar convosco, etc.

5. Definición

Terás a posibilidade de definir con liberdade a proposta musical do/a artista ou grupo: traxectoria, estilos e influencias, compoñentes da banda...

6. Foto

Crearás a imaxe que identificará o/a artista ou grupo en nsaio, subindo á web a foto que ti queiras.