NSAIO

Berros do Castro

Asociación Folclórica e Cultural Berros do Castro

Os compoñentes do grupo de música tradicional Berros do Castro crean unha Asociación Folclórica e Cultural co obxectivo fundamental de promocionar e dinamizar a cultura galega en xeral, e de maneira particular, a súa vertente musical. Berros do Castro é un grupo de música tradicional formado fai máis de dez anos por intérpretes procedentes das máis prestixiosas agrupacións folclóricas e etnográficas de Ferrolterra. Agora, o grupo constitue unha asociación sen ánimo de lucro co obxectivo principal de sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de recuperar e preservar o noso patrominio etnográfico. A sede da Asociación está na parroquia de Naraío - Concello de San Sadurniño - e o seu ámbito de actuación abrangue as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

No programa de actividades que teñen previsto desenvolver para o vindeiro ano figura a realización de obradoiros de música e baile tradicional, concertos didácticos, e a colaboración con outras entidades culturais na realización de iniciativas relacionadas coa temática musical. Como proxecto a máis curto prazo, a Asociación está a traballar na recopilación de fotografías de todos aqueles grupos e entidades das comarcas que estiveron relacionadas coa música tradicional, para a posterior edición dun álbum no que se recollan de maneira gráfica a evolución da música nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Berros do Castro