Folk / Tradicional / Étnica
COANHADEIRA ....MUSICA EN GALEGO!!!
As "coanhadeiras" eran, nalgunhas zonas, as persoas encarregadas de recolle-los restos da malla na aira para aproveitalos. O mesmo nome se lle aplica ao instrumento (vasoira) empregado. Esta Coanhadeira musical nace en Ourense fai pouco máis dun ano, como un proxecto mais dos que recollen os restos da malla que sofre a nosa cultura musical (mais aínda se cadra aquí en Ourense), "restos" dende logo moi aproveitables.
Xurde primeiro como grupo de "gaiteiros", partindo dunha base eminentemente tradicional, tanto na formación como nos "escearios" recorridos: festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais.
A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia no eido da música tradicional e folc , doutros, mixturanse coas inevitabeis e inconscientes influenzas musicais actuais, con instrumentos "non tradicionais", e sérvese cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros "engadidos" .
De ahí que a etiqueta de "música en galego" sexa escollida polos membros para definir o estilo musical do grupo. De ahí que nesta nova andaina optaramos tamén por mante-lo nome orixinario do grupo, que se distancia , dende logo do que sería un nome "comercial" segundo os estándares actuais. Oxalá as nosas músicas vos soen a galego, e vos entreteñan un rato.
ESO E O ÚNICO QUE PRETENDEMOS !!!!!!!
...a receta de Coanhadeira comezouse a cociñar lenta e mornamente, a base de moita alborada, e gaiteiros tradicionais (D.Paco de Escornabois, D. Xoán Ferreiro de Laroá,...), ...Mais tamén están "por aquí" os Berroguetto, Milladoiro, Budiño, Carlos Núñez, Cempés...Mercedes Peón..e seguro que moito mais, xa que somos de orellas inquedas, e como boas Coanhadeiras "recollemos" todo o que podemos, de U2 a Coldplay, e ate ahi algún Coanhadeiro rarito que escoita a Piazzolla , música dance, cantautores...En fin, que nos gusta cáseque todo...
Oscar M. Freire: Gaitas e saxos
Chechu Pérez: Gaitas e Whistle
Marcos Pérez: Bateria e percusións
Patricia López: Voz e Pandeireta
Xerardo Quintela: Acordeón
Abel Estévez: Baixo

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar Tres bágoas | 00:00 | 6 |
5/5 (1 votos)
|
0 | ![]() |
|
| escoitar Trastorno Bipolar | 04:28 | 6 |
3/5 (8 votos)
|
4 | ![]() |
|
| escoitar Imende | 04:18 | 7 |
2/5 (9 votos)
|
4 | ![]() |
|
| escoitar Caixa de cordas | 00:00 | 2 |
5/5 (1 votos)
|
0 | ![]() |
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:51
carrejado dixo:
Un saúdo desde o sector da música tradicional de Ferrolterra. Un pracer escoitarvos, agardamos coincidir algún día.
Berros do Castro.
08.01.2009 13:02
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
10.12.2008 12:48
Panoco dixo:
Desde logo plasman o tradicional da nosa música, seguide tocando asi.
Gustariame conseguir máis música vosa, moitas grazas
27.08.2008 22:13
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
20.01.2009
Xa podedes escoitar a nosa musica tamen dende a prestixiosa páxina de:...
29.12.2008
Pois ahí estamos!!! ...Ese era o noso premio, como gañadores do último concurso de Radio...