Fusión
Na procura duna fusión reflexiva"
CHOTOKOEU nace na rúa, á luz da lúa. Corría o mes
de setembro de 2007 es os integrantes de CHOTOKOEU
coincidían en prazas e parques, armados co seus
instrumentos de percusión, para facer música e aprender
uns dos outros.
A partir de ahí, surxiu espontáneamente a incorporación
doutros membros (baixo, clarinete, violín, gaita e voces).
Con istos ingredientes poderíase pensar que os xóvenes
músicos se decantarían por un son próximo ó folk, pero as
influencias musicais necesitaban encontrar un terreo propio.
Ademáis, moitos deles son multi-instrumentistas
(baixo/gaita, clarinete/saxo/percusión, guitarra/violín..)
polo que non quixeron atarse a ningún estilo concreto,
senón poder bucear libremente polo flamenco, o swing,
os ritmos africanos e sudamericanos, o reggae e o ska, etc.
Sempre dende unha óptica galega, CHOTOKOEU recoñécense
a si mesmos como unha proposta fresca, creativa
e novidosa, tendo en conta a súa premisa:
"facemos a música que nos gustaría escoitar".
A medio camiño entre a fusión instrumental e os temas con
textos propios, CHOTOKOEU intercala pezas que incitan
a celebrar a vida e outras nas que ofrece aos ointes a
oportunidade de facer un alto no camiño e reflexionar
sobre o momento actual da nosa terra, do noso planeta.
A música de calquera parte do mundo
Marta seco: voz
Manu Clavijo: guitarra e violín
Brais Lopez: clarinete,saxo e percusión
Wily Giadanes: guitarra eléctrica
Iago Gorral: baixo e gaita
Manuel Fonte: percusión étnica e guitarra acústica
Ruben Capelán: batería, percusión e voz
Carlos Argibay: percusión

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar Co paso do tempo | 03:43 | 17 |
3/5 (13 votos)
|
14 | ![]() |
|
| escoitar Lume | 04:06 | 25 |
3/5 (14 votos)
|
13 | ![]() |
|
| escoitar Xoguetes de auga e de sal | 04:38 | 13 |
2/5 (3 votos)
|
6 | ![]() |
|
| escoitar Tapping | 03:36 | 23 |
3/5 (12 votos)
|
11 | ![]() |
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:37
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
10.12.2008 10:36
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
20.12.2008
17 de Xaneiro, no I.E.S. Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)