Identifícate aquí ou Rexístrate

Aviso Legal


Os dereitos de propiedade intelectual deste portal son titulariedade da Rede Galega de Locais de Ensaio, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, quen se reservan a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal, en calquera momento, e sen necesidade de previo aviso.

Os dereitos de propiedade intelectual dos elementos engadidos polos membros rexistrados son titulariedade dos propios membros e poderán ser usados conforme ás condicións xerais e/ou particulares previstas ao efecto, así como ao disposto na lexislación vixente.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da Rede Galega de Locais de Ensaio, ou nos dereitos de propiedade dos membros rexistrados, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan á Rede ou aos seus membros e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos ou para os usos debidamente autorizados e nos estrictos termos desa autorización.

A Rede Galega de Locais de Ensaio e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fan responsables dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal, como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade do usuario.

Nin a Rede Galega de Locais de Ensaio nin a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado asumen ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñecen que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.