Identifícate aquí ou Rexístrate


O que opinan de nsaio

Vetusta Morla: "Oxalá fagan isto en máis sitios"

24/03/2009

NsaioTV viaxou até a Festa do Queixo, en Arzúa, para falar con algúns dos grupos que participaron nas actividades musicais deste festival. Os membros de Vetusta Morla amosáronse gratamente sorprendidos cos diferentes prismas que compoñen esta iniciativa.

Vetusta Morla atendeu a NsaioTV agochados dentro do palco, fuxindo dun bravo sol que anunciaba xa a chegada da primavera. Alí comezaron falando da compoñente máis ideolóxica desta iniciativa que, segundo eles “dota ás bandas dun espazo digno” para ensaiar. Explican que “atopar un lugar onde ensaiar é un dos primeiros problemas que se atopa unha banda e, ao fin e ao cabo, é alí onde nace a música: alí é onde comeza todo”.

O cantante da banda, Pucho, dá importancia ao concepto de “rede” sobre o que se edificou Nsaio xa que, segundo el, iso “pode crear moito intercambio entre uns locais de ensaio e outros e, por exemplo, se uns non teñen sala de gravación poden despois ir a outros. Aí crease un ambiente entre bandas positivo para a música galega”.

Outro compañeiro explícanos que este conxunto de iniciativas supoñen “dar un paso máis alá no tema do ensaio” e destaca a mellora que supón para o “intercambio directo entre as bandas”. Como reflexión de despedida os membros de Vetusta Morla déixannos un pensamento en voz alta: “Oxalá o fagan en máis sitios”

Vídeo

Vetusta Morla