Identifícate aquí ou Rexístrate
Presentación do novo traballo de Joaquin lera.
O artista de Corcubíon presenta en sociedade un elaborado traballo (Libro - LP). A presentación terá lugar o vindeiro martes e contará coa presenza de Moncho lemos (Radio galega - Fondos reservados). O Arteria Noroeste de Santiago será o marco ideal para darlle a saída a "Sinfonía de ranas/Flores de Papel" (Lápizcero Ediciones/Puro Vinilo, 2010).
Aid gaña o cocnrusod e maquetas de Kellog´s.
Aíd, a rapeira de Vigo que publicou o seu disco "Jugando" o pasado ano, foi seleccionada como gañadora do concurso de maquetas que a multinacional da alimentación Kellog´s organizou para promocionar o lanzamento do seu novo producto Squares.
Trunfando na casa.
A banda toca na cidade das Burgas o próximo 18 de setembro (sábado). Gravarase a actuación para a súa posterior edición física.
Bo verán para o mñusico galego brasileiro.
O recente gañador do premio do público do certame Vas Sacar Nota 2010 organizado pola Radio Galega ven de gañar dous concursos máis en Córdoba e Cádiz (Chiclana de la Frontera).
"The final frontier" ata o nº 1 en Inglaterra.
A mítica banda de heavy metal volve sen terse ido nunca. Escala de novo ó cumio das listas de éxitos da Gran Bretaña. Número un directo dos seu último traballo "The final frontier" (A última fronteira).
¿Completo o cartel para o MTV Day Galicia? (Santiago de Compostela)
Unha das citas máis importantes da programación do ano santo podería verse completada coa fichaxe dun dos grupos galegos con mellor progresión: Cornelius 1960.