Identifícate aquí ou Rexístrate


Novas

A BANDA PREPARA O REGRESO AOS ESCENARIOS COA NOVA FORMACIÓN

Xa está circulando o novo videoclip de Kaleya

07/09/2009
A banda ourensá estrea a peza audiovisual de “Condenados al silencio”, un dos seus temas máis recentes. Dirixido por Adrián Rego, o vídeo parte do material recollido en diversos concertos para amosar a banda no seu contorno predilecto: o escenario.
kaleya

Kaleya segue dando boas novas para os seus seareiros. A comezos do verán a banda ourensá anunciaba a fichaxe de João "Rangel" para se ocupar do baixo, cubrindo finalmente o posto vacante e pechando a nova formación fixa de Kaleya. Ademais, dous dos seus temas formaron parte este ano doutros tantos traballos compilatorios da actual escena do metal galego: “Sin salida” incluíuse no Gallaecian Metal Compilation II , lanzado no pasado mes de marzo, mentres que “Ni un segundo más” é parte integrante no Metalicia Vol.2 que se vén de anunciar hai só uns días.

Condenados al silencio” é o título dunha das composicións máis recentes de Kaleya, un tema de denuncia comprometido coa defensa dos máis febles. Agora, o tema conta ademais con videoclip oficial, que xa pode verse no espazo da banda en Nsaio mentres a banda prepara o seu retorno ao directo, que anuncian para o mes de outubro. A realización foi da conta de Adrián Rego e as imaxes son de Brais Losada Requejo, Francisco Diéguez e Miguel Álvarez Pousa.



Compartir Chuza! Menéame Delicious Yahoo Technorati Domelhor